As persoas non tan peques de idade que queirades xogar e explorar coa vosa creatividade tamén tedes o voso veranearte!
En veranearte adultas non é necesario saber pintar trátase de compartir, xogar coa pintura e aprender xuntas sobre a obra de artistas clásicas ou contemporánexs. Ter un tempo para ti, para explorar e expresarte libremente e en boa compañía.
16 de Xullo “etiquétome”
Obradoiro
para
explorar
as “etiquetas” que conforman a nosa identidade achegándonos á
obra de artistas clasicxs e contemporánexs e facendo, a partir da plástica,
unha mirada ao que nos constrúe e nos define, que non nos determina.
Mediante o dialogo exploraremos as nosas “etiquetas” e o que
significan socialmente para logo ir vertendo esas dimensións no
papel.
Anímate a veranearte! Escríbeme para reservar praza e concretamos detalles polotallerdepolo@gmail.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario