mércores, 1 de xullo de 2020

talleres de veran

Este verán, repetimos aventura veranearte, ofrecéndovos talleres soltos -máximo cinco nenos- e en formato de hora e media. Separando os espazos de creación de cada peque, contando cada unha/un co seu material para usar.


Días soltos 15 euros/cada participante, se fas os tres días: 40 euros/participante. Para peques de menos de dez anos, consultanos calquera dubida dobre os talleres.

Pintura, expresión e un pouco de historia da arte da man de mulleres pintoras:

-7 Xullo de 11,00 a 12,30 horas “Viva la vida” a partir de bodegóns de Frida Kahlo proporemos unha explosión de cor e froita!

--14 Xullo de 11,00 a 12,30 horas “Yayoi Kusama world” representaremos con cartón obxectos cotiás á maneira de Y. Kusama, un mundo de puntos!

---21 Xullo de 11,00 a 12,30 horas “Pintura e movemento”a partir da obra de Judith Godwin e Martha Graham exploraremos o movemento e a pintura, o noso corpo como inspiración e expresión!

O mes de Xullo sigue en marcha a clase dos sábados, un grupo reducido de mozas e mozos a partir de dez anos de idade. Exploran a través do debuxo e a pintura os seus intereses, é un espazo formativo e creativo onde poder expresarse con liberdade.

Queda algunha praza agardando por ti! Grupo dos sábados, de 11:30 horas a 13:30 horas, prezo 43 euros/mes.

E a partir de 10 anos de idade recomendámosche o #ponllearte unha experiencia que te vai a encantar! Formación, exploración, conversas e creación. Trinta horas aproximadas de taller que pasan voando!! Compartir con xente moza durante tres semanas paseos, entrevistas, debuxar e explorar materiais, coñecer o barrio e a diversidade dos seus habitantes... comprometéndonos a crear entre todas as persoas participantes un fanzine para o barrio!!



Sobre Ponllearte:

Iniciamos en 2019 unha experiencia piloto do proxecto Ponllearte, unha proposta de conexión entre a mocidade e os diferentes habitantes do barrio tendo como vehículo articulador as artes plásticas. Esa mestura de barrio, creación e mocidade son parte dos ingredientes para xerar un tempo de verán diferente e enriquecedor, dende a aposta polo estímulo, optimismo e formación cara a afrontar o futuro.

Este ano, debido ao escenario creado a raíz da corentena sanitaria, ampliamos este proxecto e o poñemos en relación con máis habitantes do barrio. De maneira que estamos implicando a comerciantes da cidade para que nos apoien e colaboren na formación da mocidade a través das artes mentres facemos barrio. O seu aporte axúdanos a financiar o proxecto, podendo asi ofrecer á rapazada unhas trinta horas de obradoiro intenso e rico en vivencias.

DATOS DO TALLER

-*Proceso de creación en grupo e elaboración dun fanzine (revista auto-editada) sobre o barrio deseñando e creando cada participante unha ilustración ou creación gráfica/literaria.

-mocidade a partir de 10 anos

-Inicio LUNS 27 DE XULLO finaliza aproximadamente o 14 AGOSTO


30 horas de taller, 9 horas semanais durante tres semanas mais horas soltas a cuarta semana.

De 11,00 a 14,00 horas

material incluído

PREZO: 60 EUROS/ PARTICIPANTE

Formaremos dous equipos en grupos reducidos e adicaremos unha xornada semanal a coñecer e investigar no exterior, no barrio.


EQUIPO 1 – LUNS , MÉRCORES E XOVES DE 11,00 a 14,00 horas

EQUIPO 2 – MARTES, MÉRCORES E VENRES DE 11,00 a 14,00 horas*


* calendario aproximado, podemos adaptarnos as túas variables.

EQUIPO 1- DÍAS 27, 29 e 30 de xullo + 3,5,6,10,12 e 13 AGOSTO

EQUIPO 2- DÍAS 28, 29 e 31 de xullo + 4,5,7,11, 12 e 14 AGOSTO

mais un par de días de colaboración na edición e remate do fanzine, probablemente os días 18 e 19 de AGOSTO.

Tamén desfrutaremos da presentación do fanzine e do proxecto nunha celebración con tódolos participantes un día por concretar aínda, finais de agosto ou principios de setembro.


O obradoiro consistirá en compartir un proceso creativo complexo, no que individualmente nos comprometemos a aportar unha ilustración ou creación para un fanzine que nos falará sobre o barrio e o seu futuro. Este fanzine será a suma da nosa creatividade máis os aportes que os seus habitantes nos trasladarán en visitas e diferentes sorpresas cada semana. Estes equipos

de creación estarán acompañados por Polo (artista e mestra, tallerdepolo taller de arte) Son (Terapeuta Ocupacional e creativa, Ocupacións significativas) e Carlota (fotógrafa e creativa, Carlota Méndez fotografía) e xunto coas persoas participantes probaremos diferentes técnicas, debuxaremos, escribiremos, e dialogaremos reflexionando sobre o que vaiamos descubrindo.


Obxectivos cara á mocidade participante:

-dar esmulo e formación as participantes

-descubrir e dar forma á nosa creatividade

-investigar e pensar a través das artes e a creación

-vincularse ao barrio e o comercio local a través dunha mirada creativa

-relacionarse de maneira positiva co grupo e coa contorna

-acoller a diversidade tanto no equipo creador como na contorna

-coñecer e reflexionar sobre un/unha mesmo e a sociedade


Podes atopar imaxes e información de parte do vivido o pasado verán en ponllearte.blogspot.com

https://ponllearte.blogspot.com/

E podes seguir todos os pasos en Facebook e Instagram @ponllearte e nas etiquetas #ponllearte ou #ponlleartefriends #ponlleartemecenas


Un saúdo forte e os mellores desexos para este verán!





Ningún comentario:

Publicar un comentario