domingo, 10 de maio de 2020

Acuarela: pílula enerxética para este verán

A partir de Xuño destinaremos os luns e martes para desfrutar da acuarela, propóñovos dúas modalidades (as dúas tendo en conta as recomendacións de seguridade sanitaria do momento): podes realizar un Curso de iniciación (catro prazas) no que, en tres talleres de hora e media descubriremos o potencial de esta técnica ou vir ao Club de Acuarela. Na primeira, ti aportas o teu papel de acuarela e o tallerdepolo pon o resto dos materiais, o prezo por participante é de 40 euros. Se estás interesada contacta a través do telefono, e-mail, whatsapp ou redes sociais para ir facendo grupo e buscar ese horario mais conveniente para todas, consulta calquera dubida que teñas.

A outra proposta, se xa tes mais experiencia coa acuarela e queres mellorar aspectos concretos ou explorar novas posibilidades é reservar a túa cita para o Club de Acuarela onde podes coincidir con outras acuarelistas, e vir coas túas preguntas e obxectivos de mellora preparados e trazar así un plan de traballo a medida para ti. Podes deseñar a túa asistencia por horas ao longo do mes ou do verán; o prezo por hora é de 10 euros/hora, e non inclúe o material.

Aínda que a acuarela se presenta como unha técnica complexa de aprender e usar ten unha dimensión de azar, sorpresa e non-control que podemos incorporar tanto na aprendizaxe como no acabado das nosas obras/traballos; igual que na vida hai circunstancias incontrolables por nós, que podemos asumir como parte da experiencia e dotalas de novos significados.




Meditativa, tranquila y relajante, la acuarela es una actividad que ofrece la posibilidad de tomar el control y aumentar la autoestima, sin juzgar a nadie y sin otro objetivo que no sea el de la propia alegría de pintar.”Jean Haines.

Estes son algúns traballos das alumnas dos últimos talleres de iniciación que realizamos




Ningún comentario:

Publicar un comentario