O
Lab que empezamos este curso é tamén, como o Curso Básico, un
taller mensual pero con un
compromiso de periodicidade ao longo do curso escolar xa que este
grupo acompaña ás participantes cara a desenvolver
a súa
proposta artística.
“Facer
camiño cara a recoñecernos como creadoras; experimentar, obter
información da práctica artística e cultura visual contemporánea
e desenvolver procesos creativos que nos abran o apetito a realizar
a nosa obra plástica.”
Trátase
de experimentar e
desenvolver métodos e procesos creativos facilitando os
descubrimentos persoais, o achegamento á Historia da Arte e as súas
disciplinas. Conformando
un espazo de seguridade e experimentación que xere en
nós
a confianza para
investigar e propiciar un traballo plástico autónomo, sen
pretender como obxectivo ultimo a consecución dunha obra pechada.
Sen
dubida é o
taller mais emocionante e de responsabilidade para min, un espazo
delicado cheo de estimulo e emoción, un agasallo de confianza que
debo aproveitar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario