Un
orgullo comezar
o outono presentando
o fanzine “aS eNCRoBaS” con poesía, música,
memorias e lembranzas do pasado, arenga de loita por un futuro de
aire-auga-terra limpas, na compaña de
moitas persoas
sensibles e loitadoras na
III Marcha pola Memoria en As Encrobas.
Unha
xornada Emotiva sen dúbida;
coa enerxía da choiva que nos leva
á
Galicia mais profunda, a que moitas levamos na memoria
rural.
Gran esforzo e traballo realizado pola organización da
Marcha neste evento que combina cultura, arte, diversión,
reivindicación e loita. Todo isto feito
con moitas ganas e gran honestidade xerando un dia cheo de vida e
enerxía dende
a unión da
historia
pasada
coa
loita polo
futuro
sostible.
Agradecer
á
organización
o convite , agradecer
a
Laura Rey
Pasandin
que
me amadriña
con moita tenrura e
a todas as persoas asistentes tan boa vontade, humor e tanta arte.
https://www.sermosgaliza.gal/articulo/social/iii-marcha-pola-memoria-das-encrobas-xunta-mais-200-persoas/20191002115019084630.html
https://www.facebook.com/events/1139196256272604/
"Participamos
16 persoas na elaboración do fanzine e contando
coa poesía de Laura RP, traballando
de maneira non
intensiva (combinada
con outros exercicios e experiencias)
ao longo de cinco meses aprox.
Partimos
de material documental como:
---
A ceo aberto, o documental de Xosé Bocixa que visionamos en
tandas de 10 minutos por dia.
----As
imaxes do fotoxornalista Xose Castro
----O
blog de Maria das Encrobas
----Asunción
de ti, libro familiar de Xosé Luis Linares Barbeito e Mercedes
López Otero
-----Poesías
de Emma Pereira (As comadres´Nghrobas) e de Laura RP
----
E tamén vimos o vídeo promovido pola Industria mineira para
divulgar nos colexios públicos galegos.
O
proceso creativo vai partir da información que imos recibindo
e absorbendo de a poucos, do diálogo e reflexión sobre o que nos
vai chegando, das emocións coas que conectemos e identifiquemos para
podelas compartir durante o proceso e, tamén poder usalas para
crear.
Coas
persoas maiores análise do documental e análise do resto de
material para identificar con que aspectos temos maior empatía ou
puntos de interese. Para elixir así o tema da nosa ilustración e
pasar ao concreto.
Para
min foi un traballo complexo, moi intenso e cheo de ilusión. Ás
veces, duro fronte á incerteza do proceso creativo e as diferencias
xeracionais que constatan o descoñecemento e distancia da mocidade
participante co rural galego, coa lingua e coa historia próxima.
Pero a potencia desta ferramenta (as artes) para traballar temas
complexos fíxose evidente e clara.
A
creación deste fanzine ten varios puntos de acción:
----o
traballo de concienciación e análise coas
persoas participantes dende unha actividade creativa.
----ese
vinculo entre a aprendizaxe de técnicas gráfico-plásticas e
pensamento ofrecendo un lecer/ unha actividade enmarcada na educación
non formal de calidade- enriquecedora.
----
a xeración de contidos gráficos para usar nas loitas contra o
extractivismo e outras loitas.
-----a
xeración dunha obra que se move de man en man e conta a través de
imaxes e dende idades e persoas distintas a loita das Encrobas:
facendo posible unha conexión (a través da arte plástica e poesía)
con calquera persoa do mundo. E con outras loitas planetarias
similares.
-----un
proceso creativo exportable e recomendable para educadorxs,
activistas e grupos de persoas inquietas.
Hai
moito traballo por facer se queremos outro mundo posible, empezando
por sonhar que queremos realmente. De eses sonhos sairán os caminhos
e pasinhos para ir amodo. Mirando cara adiante a longo prazo nunha
loita sen fin e sen fronteiras, que continuar’a con esta mocidade e
a sua descendencia... o futuro somos nós e o que imos facendo día a
día."
Fotografia de Yoshimura Eye
Ningún comentario:
Publicar un comentario