Pois
si, este curso pasado traballamos en varios proxectos co grupo de
peques, de venres e sábado . O primeiro foi a nosa participación no
certame de debuxo da natureza do grupo naturalista Hábitat,
debuxamos animais e vexetais da contorna do embalse de Cecebre,
coñecemos un pouco a natureza que nos rodea e adicamos tempo ao
debuxo e a observación. Dúas alumnas foron premiadas polos seus
debuxos: felices como perdices por participar e, sobre todo, polos
aprendizaxes no camiño. Amadriñamos un mail artista (Neighborhood
mail art project) e, a ultima aventura, en maio e xuño foi
“mergullarse nun cadro” eliximos “Os xogadores de naipes” de
Theodoor Rombouts e
fómolo coñecendo de a poucos, xogando co cadro
ata ir a visitalo todxs
xuntas ao museo de Belas
Artes da Coruña (onde se
atopa cedido temporalmente
polo Museo do Prado).
as nosas mans listas pro traballo
O
proxecto máis
intenso foi a partir de Xaneiro; embarcamos na aventura de
coñecer a historia de As Encrobas coa idea de ilustrala nun proceso
creativo colaborativo de varios meses de traballo que
finalmente da como resultado o fanzine “aS eNCRoBaS” que vos
invitamos a coñecer e compartir con nós.
Empregamos a
linguaxe plástica, que
é a
nosa ferramenta de traballo e aprendizaxes,
unha linguaxe universal que seguro vos
transmite as nosas sensacións e ideas durante esta aventura;
activará o voso interese por coñecer máis de esta historia e das actuais
loitas pola conservación dos hábitats naturais. Temos que agradecer a colaboración da escritora Laura Rey Pasandín que nos acompañou no proceso e nos prestou uns fermosos poemas para complementar as imaxes do fanzine.
Portada do fancine aS eNCRoBaS,
debuxo de Tania
Para enmarcar
este proxecto compartímosvos un anaco da
entrevista a Xosé Castro, fotógrafo da revolta das Encrobas, feita
por R. Castro e publicada o 18 de Febreiro 2017, en Sermos Galiza.
- Cre que as novas xeracións teñen conciencia da
importancia que tivo aquela loita?
- Creo que non teñen conciencia ningunha. Ese é o problema gordo. Parece que todo o que se fixo atrás hoxe non vale. Pero grazas a aqueles tempos e a esa xente, que puxo por diante a loita, os de agora teñen o que teñen. Ás veces para ben e ás veces para mal, pero vaia. A vida é así, tirar sempre para adiante. Pero o das Encrobas marcou o sentido de ser galegos.

-
Que lle di aos seus netos -se os ten- sobre aquela época?
- Xa teño bisnetos. Eu explícolle todo aquilo, das mulleres principalmente. As mulleres tiveron alí toda a iniciativa. O plantexamento foi delas, elas puxéronse diante e foron as que loitaron por aquelas terras. Estaban apoiadas, é certo, por homes, maridos e fillos que había alí. Pero a loita principal foi das mulleres

Empregamos xogos, xogos de equipo e representamos parte da historia
Vemos xuntas e confrontamos documentais como As Encrobas, a ceo aberto co material didáctico da campaña
minería sostible promovido pola
Cámara Oficial Mineira de
Galicia
Traballamos coas emocións e coa arte
Tamén traballamos coas ideas, coa palabra e o diálogo
Empregamos e experimentamos con distintas técnicas, para aprender e sorprendernos no proceso; tinta, monotipo, colaxe...
E
a sorpresa de que chegue
Noa tan contenta porque
na súa
Escola
levaron
prensa
e ela
coñecía ben unha das noticias; a maxia de entender, saber.. !
Participantes
no fanzine aS eNCRoBaS
peques:
Diego, Catu, Luísa
Sanchez, Laura Rodríguez, Tairon, Dipper, Noa, Tania, Brais Loost e
Paula
menospeques:
Carlota Ramudo,
Natalia, Sandra e Sonsoles Mosteiro
Agradecervos sempre a vosa confianza e complicidade nestas aventuras conxuntas, queridxs habitantes do tallerdepolo.
Ilustración Paula, fragmento de poema de Laura Rey Pasandín
Se queredes estar ao día das actuais loitas en Galicia
http://www.contraminaccion.org/
http://www.contraminaccion.org/
Ningún comentario:
Publicar un comentario