O obradoiro
ARTE + EMOCIÓN é un taller para compartir con amor e ilusión.
"A
vida me vai construíndo e eu me vou re-construíndo, segura de que
podo crear andamios, vigas e fachadas que me dean consistencia e
apoio. Un dos alicerces da miña historia foi o descubrimento da
arte, das artes plásticas, da pintura ... e iso é algo que quero
compartir, porque sei que as artes teñen unha cualidade netamente
humana que pode axudar a dar sentido ao estar/ser.
Por
isto, cando teño a oportunidade de dar un taller especial, como un
taller de Arte + Emoción, no Centro de Información á Muller, nun programa de acompañamento e coidado, e compartir a miña experiencia de vida con
persoas que, coma min, avanzan deixando atrás un pasado que doe
sinto
que me fan un agasallo, que me volven a un presente xeneroso no que
hai moito por facer... “
Gracinhas Naiara !
Ningún comentario:
Publicar un comentario