O
pasado venres 12 de abril
ofrecemos o obradoiro “Pintando con Frida” dentro do programa de
ocio nocturno alternativo do Concello de A Coruña, nocturnia.
Un
obradoiro de tan só dúas horas para achegar a figura da pintora
Frida Kahlo e a sua obra a mocidade de 12 a 30 anos de idade, e
ademais realizar cada participante a sua pequena pintura acrílica. O
reto era grande pero os resultados foron espectaculares! ;)
Frida Kahlo figura icónica da pintura e do feminismo serviranos
para profundar na
nosa creatividade a través
das emocións e experiencias persoais.Facendo
que as participantes se acheguen
ao mundo da pintura
a través dun exercicio divertido e
introspectivo. As artes
pódennos aportar unha visión de xénero, situarnos no mundo e facer
que nos coñezamos
mellor.
Gracinhas
as mozas e mozo que se animaron a participar en tan ousada proposta;
foi unha xornada intensa e moi moi creativa. Gracias Carlota.
Moita
mocidade linda que seguro, farán uns presentes mellores que o que
coñecemos.
Lembrade que o tallerdepolo ofrecera un obradoiro gratuíto en nocturnia o próximo 10 de maio, estade atentas para reservar a vosa praza! ;)
https://www.instagram.com/carlotamendez.fotografia/
Ningún comentario:
Publicar un comentario