O
pasado 5 de abril realizamos un obradoiro de mail art para nocturnia,
o programa de ocio nocturno alternativo do Concello da Coruna, para persoas mozas de 12 a 30
anos. A proposta do tallerdepolo consistiu en coñecer e
achegarse a arte postal e para iso nada mellor que participar
nunha convocatoria en marcha. Aproveitamos todo o material que temos
recibido a propósito da nosa chamada de mail art Neighborhood 2018,
feita en compañía do mail-artista Carlos Botana, para ver e tocar
de maneira directa toda esa variedade de linguaxes, propostas,
artistas, linguas ... e complicidades que se moven vía correo
postal, unha boa maneira de ir entrando no tema.
Elixín
a convocatoria “Estoy aca para vos” porque me pareceu moi
apropiada e estimulante para traballar coa mocidade, e realmente non
necesitaron mais motivación... traballaron moi creativxs e
concentradxs todo o tempo que tiñamos, unha marabilla. Obxectivos
conseguidos:
-achegar as persoas participantes ao mundo das artes
plásticas e da arte postal divertíndose e creando a sua peza para
enviar
-conecer
outras formas de arte e comunicación
-facer
un envío e comunicarse por correo postal
con
persoas de outros territorios, ampliando a nosa mirada sobre o mundo
Gracinhas
as mozas e mozos asistentes por compartir un ratinho de noite co
tallerdepolo ( gracias Carlota por ser un sol e unha galaxia)
e pola curiosidade e creatividade despregadas ;)
As nosas cartas están en camiño , atentxs ao facebook de "Estoy aca para vos" para cando cheguen a destino, ademais van estar expostas en varios lugares ...
https://www.instagram.com/carlotamendez.fotografia/
Lembra que o 10 de maio repetimos obradoiro gratuíto en nocturnia: "creando con colaxe"
Ningún comentario:
Publicar un comentario