xoves, 28 de marzo de 2019

Próximos obradoiros en nocturnia


Ofrecémosche tres obradoiros artísticos gratuítos dentro do programa de ocio alternativo Nocturnia, para a mocidade de 12 a 30 anos de idade. Tres posibilidades de achegarte á creación plástica: mediante a pintura acrílica a través da figura de Frida Kahlo, sorprenderte co colaxe e os seus imprevisibles e variados resultados e, achegarte ao arte máis libre e viaxeiro facendo mail art. 
Tes información fresca no evento de facebook   
https://www.facebook.com/events/606726183126046/


3. “Creando con Collage” 10 de Maio, de 21 a 23:00 horas no Centro Agora
Descubrir o inesperado a través do colaxe/collage, unha técnica plástica que nos permite o xogo e a sorpresa. Divertirse, coñecer obras de artistas que empregan o “cortar e pegar” como maneira de expresión e facer cada participante a sua proposta artística. 




A inscrición para cada obradoiro é semanal As inscricións ábrense os luns ás 16.00 h e péchanse os xoves ás 12.00 h, ou ata esgotar as prazas. Consúltanos calquera cousa que precises a través do correo electrónico nocturniacoruna@gmail.com .Os formularios de inscrición a través da web coruna.es/cmix


1."Taller de mail art" 5 de Abril, de 21 a 23:00 horas no Centro Agora. Crearemos arte para enviar por correo postal, participando nunha convocatoria en marcha; activaremos a nosa imaxinación de maneira divertida sumándonos a unha rede mundial de artistas. 


2. “Pintando con Frida” 12 de Abril, de 21 a 23:00 horas no EIX *
Coñecer mellor a obra de pintora Frida Kahlo que nos sirva de inspiración para realizar unha pintura; deseñaremos e pintaremos con acrílicos o noso persoal cadro.
*Espazo de Iniciativas Xuvenís





A inscrición para cada obradoiro é semanal As inscricións ábrense os luns ás 16.00 h e péchanse os xoves ás 12.00 h, ou ata esgotar as prazas. Consúltanos calquera cousa que precises a través do correo electrónico nocturniacoruna@gmail.com .Os formularios de inscrición a través da web coruna.es/cmix


Ningún comentario:

Publicar un comentario