Xa
temos unha nova data para o obradoiro de Iniciación Acuarela,
acabamos o taller de Xaneiro (os mércores de 16:30 a 18:00 horas) e
estas semanas toca ao alumnado practicar en casa todo o aprendido e
mais!
Se
estades interesad@s en asistir ao novo curso, en marzo, reservade a
vosa praza no email polotallerdepolo@gmail.com
ou no tlf. 617293024
Empezamos
o curso con augadas, reservas e texturas; coñecendo papeis, pinceis
e materiais que podemos usar, asi como, xogando coa improvisación e
conectando coa delicadeza e detalles cos que nos sorprende esta
técnica. Para ir logo introducindo elementos figurativos ao tempo
que seguimos practicando o control da auga e o pigmento, hai persoas
que parten totalmente de cero e outras que xa pintaron nalgunha
ocasión, con acuarela ou con outra técnica. Traballar en grupo é
motivador e divertido aprendendo moito dxs companeirxs de viaxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario