Este
trimestre que remata o ano, empezamos varios proxectos, algúns son a
longo prazo e outros, xa quedaron listos; como a nosa participación
no Certame da Natureza, organizado polo grupo naturalista Hábitat
https://gnhabitat.org/ganadores-do-vi-certame-de-debuxo-da-natureza-vida-silvestre-do-encoro-de-cecebre-a-fraga-encantada-do-encoro/
Moi contentas de ter participado e coñecido especies naturais que
doutro xeito nos pasarían desapercibidas... moito por coñecer!
Dúas alumnas do tallerdepolo premiadas polos seus debuxos e, todxs
contentxs de mostrar os nosos traballos nunha exposición que recolle
os debuxos de todas as participantes no certame.
Catu
Tania
Xoel
Carlota
Noa
Brais
Luisa
Laura
Diego
Seguimos
adiante, investigando sobre a historia de As Encrobas, achegándonos
ao complexo pasado do territorio que habitamos; coa ilusión de
ilustrar unha parte do acontecido (ou do que nós podemos entender
que aconteceu...) poñéndonos en relación cun pasado (nada
afastado) que para xs mais pequenxs soa moi diferente, demasiado
distante. Unha ilusiónante tarefa por diante!
Debuxando a avoa descrita por María das Encrobas
https://mariadasencrobas.wordpress.com/2018/10/13/abuela/
O xardín
Ningún comentario:
Publicar un comentario