domingo, 9 de decembro de 2018

Taller Aberto II, Neighborhood mostra de arte postal


O 1 de Decembro 2018 no tallerdepolo celebramos o noso cuarto Taller Aberto ao barrio: realizamos unha exposición de Arte postal coas obras recibidas na convocatoria Neighborhood, así mesmo desfrutamos dun obradoiro gratuíto e un divertido xogo de pistas no barrio de Os Castros, contamos coa colaboración do mail-artista Carlos Botana e da bocateria O Toxo. E contamos tamén co aporte da marabillosa Carlota Ramudo para documentar a expo coas súas fotografías.

https://carlotaramudo.wordpress.com/




  

Por que o barrio? Neighborhood International mail art project
 
O tallerdepolo se enmarca en Os Castros, un barrio periférico que é entrada e saída da cidade, con un urbanismo pouco sensible ao vínculo da poboación coa rica contorna; o mar próximo, moitas leiras e espazos verdes aínda sen edificar e abundantes costas e obstáculos para unha poboación avellentada e, en moitos casos, solitaria. O barrio é o núcleo da vida diaria da maioría da poboación, é tanxible: cos seus Centros de Educación, Centro de Saúde, oficinas, pequenos negocios e hostalería onde convivimos día tras día con problemáticas, celebracións e conflitos que seguro se repiten en cada barrio do mundo ... mais alá do territorio nacional o “territorio barrio” pódenos unir, axudar a coñecernos e promover solucións a problemas importantes. A construción do barrio depende en gran medida do facer dos habitantes, do noso actuar cada día. O tallerdepolo é un espazo de arte no barrio, un espazo de cultura onde o alumnado se pon en relación coa contorna, a través de saídas, relación coa veciñanza, obradoiros na rúa (como o 17 de Maio celebrando as letras galegas cun obradoiro de arte postal e un obradoiro ofrecido por TocaMadera artesanía) e, por cuarto ano facemos o Taller Aberto onde as portas se abren para poñer en relación arte/ barrio/ cultura/ diversión/ transito de persoas inquietas/ ... poñer a periferia no centro.

















Gracias por acompañarnos nun Taller Aberto mais, polo apoio e cariño recibidos. Agradecer a todas as persoas participantes no proxecto de arte postal Neighborhood   :) 

vémonos no barrio!





Ningún comentario:

Publicar un comentario