O
1 de Decembro 2018 no tallerdepolo celebramos o noso cuarto Taller
Aberto ao barrio: realizamos unha exposición de Arte postal coas
obras recibidas na convocatoria Neighborhood, así mesmo ofrecemos un
obradoiro gratuíto e un divertido xogo de pistas no barrio de Os
Castros, contamos coa colaboración do mail-artista Carlos Botana e
da bocateria O Toxo.
Foi un día intenso e fermoso, gracias por acompañarnos :)
MAIL
ART PEDAGÓXICA
Estes
meses estivemos recibindo fermosas achegas de artistas de diferentes
lugares do planeta que, da maneira mais xenerosa, nos adicaron o seu
tempo e a súa arte, ademais de enviárnola fisicamente (en plena era
dixital). O alumnado e amigas/os do tallerdepolo puidemos desfrutar
desta variedade artística, cultural, lingüística, de barrios e
intereses que ampliaron a nosa mirada. Facemos así que a Arte sexa
un mecanismo de aprendizaxe, de xogo e interacción: unha Arte mais
alá do mercado, xenerosa e divertida ao tempo que crítica e
reflexiva.
Situar
no mapa mundial cada achega, ir recoñecendo os territorios e
asocialos a ese/a artista e as súas imaxes; tamén lidar con linguas
que nos son alleas, os nomes/sonoridades que non identificamos,
buscando flexibilizar as nosas mentes fronte á grande diversidade
que conforma a Humanidade.
Amadriñar
mailartistas
Imos
empregar a linguaxe plástica como maneira de comunicación e
diálogo, mais alá da lingua: amadriñar un/unha mail-artista. Parte
do alumnado do tallerdepolo elixe unha obra á que vai responder con
unha nova peza de arte postal, que se relacione, de algunha maneira,
coa proposta elixida; pode ser a técnica, o enfoque ideolóxico, o
formato, unha reacción,
etc.
Esta
conversa permítenos imaxinar e achegarnos a unha persoa que non
coñecemos, que vive nun barrio lonxe, con outra lingua e costumes
pero que conecta con nós en algo aínda por explorar. Coñecer e
analizar a variedade de técnicas que recibimos en cada carta, as
múltiples visións sobre o tema proposto e tanta creatividade
recibida ábrenos a posibilidade do distinto, da visión persoal.
Ábrenos a posibilidade de ser libres para facer e experimentar e o
imaxinario tan diferente ábrenos a
posibilidade do
distinto, da visión persoal; reflexionemos
agora sobre a nosa idea de barrio.
Agradecer as fotografías de Sucede arte visual , que documentou parte da xornada ;)
https://www.facebook.com/sucedeartevisual/
Mail
art exhibition in the neighborhood of Os Castros
On
December 1, Mail Art Exhibition with the works received in the
Neighborhood call, we will also offer a free workshop and a fun game
of clues in the neighborhood of Os Castros.
With
the objective of keeping alive an open art space for the neighborhood
this December we will celebrate our fourth Taller
Aberto 2018, Open Workshop. This
year it will consist of a mail
art exhibition
with the works received over the last months in the Neighborhood
International mail art project, with the collaboration of the artist
Carlos Botana. The exhibition will show the works received until
December, as well as, information about the project in relation to
tallerdepolo’
students and the neighborhood. A project that links the neighborhood
with art, with different artistic languages, with pedagogy, with
other neighborhoods in the world, other languages and cultures.
We
will also offer a postal art workshop that will start at five o'clock
in the afternoon, and from the sixth we will go out to a fun game
type gymkhana, to
look for clues through the neighborhood (some will have a prize!).
The
exhibition will be divided into two places: the workshop and the O’
Toxo"
bocateria, which will provide a circuit in the neighborhood where the
tracks were located. Throughout the day you can visit the exhibition
from 12:00 a.m. to 9:00 pm, approximate.
Ningún comentario:
Publicar un comentario