Facémosche estas diferentes propostas para este tempo de nadal
InvernArte
persoas adultas (idade a partir de 14), obradoiro de reflexión e
experimentación plástica, desta volta achegándonos ao colaxe e a
obra de Barbara
Kruger;
pasando unha divertida e
diferente tarde
de Decembro. Será no tallerdepolo (Monte das Moas 17-baixo, Os Castros) o
xoves 27 a partir das 17:00 horas ata que paremos ;)
O custe do obradoiro é de 12 euros/ participante
+podes inscribirte en polotallerdepolo@gmail.com ou no tlf. 617293024
+podes inscribirte en polotallerdepolo@gmail.com ou no tlf. 617293024
InvernArte
peques, obradoiro
infantil onde divertirse e achegarse
á Arte son
unha mesma cousa;
promovendo un espazo de crecemento artístico e persoal asi como
coidando as
sinerxías xeradas
entre as participantes. Que chulo é o
inverno con arte!
Imos
achegarnos á
obra de
Barbara Kruger, Paula Becker e G. Richter explorando
e experimentando coa pintura o o colaxe, usando as mans e sobre todo
a cabeza ;)
Días
26+27+28 Decembro de 11:30-13:30 horas (flexibilidade co horario)
O custe do obradoiro é de 35 euros/ participante (desconto para irmáns e para alumnxs do tallerdepolo) materiais incluídos.
+podes inscribirte en polotallerdepolo@gmail.com ou no tlf. 617293024
+podes inscribirte en polotallerdepolo@gmail.com ou no tlf. 617293024
Estes cursos os podes agasallar para as túas persoas queridas en forma de vales
O día 28 de decembro contaremos no tallerdepolo con Sucede arte visual, que ofrecera un fermoso obradoiro para familias, mais información e inscricións escribindo a sucedeartevisual@gmail.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario