O
martes fomos de visita ao museo de Belas Artes da Coruña, unha
visita guiada polas tripas do museo. Encantounos coñecer
como se almacenan as obras, saber que se van alternando ao longo do
ano, como viaxan ... ou visitar a sala de restauración; moitos
camiños segredos para os cadros e esculturas que conforman a nosa
cultura, que non só dan traballo a moitas persoas senón que dan
moito mais: alimento ao noso ser(individual e colectivo). Pero a
cultura e as artes son un xoguete máis para a especulación,
desprovistas do seu sentido mais íntimo quedan baleiras e ocultas, á
espera de ser un bo negocio... tristeza para todxs.
Mentres
poidamos, aproveitamos para desfrutar os museos e outros espazos de
arte e cultura da cidade, volveremos pronto ao museo pero será para
coñecer e aprender das obras expostas xa non das “tripas”
Tamén nos deu tempo de tomar un cafelito :) ;)
Ningún comentario:
Publicar un comentario