Hai
moitas razóns para empezar a pintar; dende unha ansia de expresar,
de explorar esa creatividade que levamos todas as persoas dentro,
facer coas mans, coñecer e relacionarnos con outras persoas mentres
probamos unha nova actividade ou, tamén hai persoas ás que sempre
lles gustou o debuxo e a pintura e, por voltas da vida (todxs sabemos
desas voltas) adicáronse a outra profesión ou á súa familia... e
agora teñen un tempo(que é un tesouro) pra adicarlle aos soños.
Hai
diferentes maneiras de achegarse á pintura porque temos obxectivos
distintos, anhelos propios que -as veces- nin a nós mesmas nos
confesamos. Segundo sexan as nosas motivacións e os nosos ritmos,
podemos ir aprendendo dun xeito ou doutro... ir probando.
Cadro ao óleo rematado!este bosque de bambú en Japón é un lugar ao que soña viaxar, e Maite empeza por pintalo ;)
Ningún comentario:
Publicar un comentario