Os
últimos traballos do curso de técnicas de óleo e acrílico
marcharon pouco a pouco ao longo de agosto... aínda que non temos
clase este mes, o taller está aberto por se queres información
sobre os cursos ou ir reservando praza para o próximo; só tes que
avisarme previamente para quedar un dia da semana, e alí te espero.
O taller sigue activo este mes, dun modo distinto, pero con moito
por facer ;)
Na
pestana do blog QUE E O TALLERDEPOLO, podes ver o horario previsto(é
flexible) para o seguinte curso, tamén actividades que se están a
xestar dende xa e nas que podes tanto ir anotándote como axudando a
dar forma.... e empezaremos coas clases e actividade do curso a
partir do 17 de setembro.
Estes
son algúns deses traballos que se marcharon pouco a pouco ao final
do curso, a maioría feitos con óleo e acrílico, algúns de
acuarela e debuxo... todos pintados con moito amor e tenacidade.
Natalia
pintou un Okuda persoal, un retrato dos seus amigos pero ao xeito do
artista grafiteiro
http://okudart.es/showcase/
Ana C. optou por retratar cun estilo ao pop art
Loly pintou ao óleo esta porta galega
e Pepita sucumbiu aos encantos de Lita Cabellut, a súa exposición na cidade deixounos varias fans! e pintou ao óleo esta réplica dunha obra de Cabellut
http://www.litacabellut.com/
Victoria de novo pinta coa alegría que a caracteriza, óleo
Pilar
Cristobo expón
estes meses en O Carballiño,
estivemos pasando calor da boa e montando a expo, que quedou moi
linda e podedes visitar ao longo do verán no Casino Cultural e
Recreativo da vila.
para finalizar as acuarelas de Pili GV e Chelo debuxando, a partir dunha imaxe da revista feminista Revirada,
http://reviradafeminista.com/
E
só
me
queda desexarvos
un bo verán a todxs!
Ningún comentario:
Publicar un comentario