Finalizando
o noso veranearte 2018, desta volta con Judith Godwin en tándem con
Martha Graham: expresión , corpo-movemento en conexión co trazo,
coa pincelada...
Visionamos
Lamentation
, a danza de Martha G. , movementos claros, algo duros e moi
expresivos que nos levan e nos conectan coas obras abstractas de
Judith G., inspiradas nesta mesma danza. Dende esa inspiración e
dende ise territorio pintaremos nos nosos grandes soportes, axeitados
para mover o brazo loooongo....
Tempo
de verán xa; as mentes e os corpos se adaptan ao ritmo lento, algo
vago e lixeiro propio de tanta vacación polo que o ritmo de traballo
do alumnado baixa tamén ;) asi que, saída a merendar e
fincadonispero :) corpo
e movemento no barrio, nesas zonas verdes que aínda quedan sen
asfaltar...
O próximo martes peche de veranearte 2018, pequena celebración e mostra do feito a partir das 12;30 , estades invitadxs!
(se aínda non enviaches o teu agradecemento estas a tempo... ;)
Ningún comentario:
Publicar un comentario