Analizamos o
famoso cadro das Meninas
coñecendo as súas personaxes e un pouco da historia de cada unha.
Falamos do pasado, dunha sociedade distinta da de hoxe en día;
polo que na actualidade as meninas
podería ser un cadro distinto, ou non?
Cada unha/un
elixirá a
súa
personaxe para recreala a partir da silueta do propio corpo,
colocarlle o noso rostro e re-inventar o cadro. E
unha tarefa longa, onde hai que traballar en equipo e no
individual... as veces
é complexo e
hai que ter paciencia.
Podedes
ver á
princesa
Margarita atendida polas meninas
Isabel e Maria Agustina, o rei e a raíña ao fondo, o pintor á
esquerda do
cadro ; Mari Barbola e Nicolasito á
dereita co
can, Marcela e
o guardadamas cotilleando detras... si entra ou sae Jose Nieto é
un misterio.Nas nosas versións hai variacións , claro.
E seguimos
avanzando no cartel; Papeleira á esquerda
aínda nos quedan días de veranearte!
Ningún comentario:
Publicar un comentario