A
enerxía sube e baixa neste mes, difícil escribir e describir as
emocións mesturadas que chegan ao taller de rebote das vidas
escolares e das expectativas polo final dun curso escolar mais....
mellor falalo con calma cun café, en modo persoafronteapersoa ,
eu me apunto :)
en
imaxes unha mestura de momentos vividos; de caos-de lucidez, de
choiva-de sol, de aburrimento-de consciencia, de
rutina- de inesperado, ... canto por vivir!
No
inesperado; a saída o sábado 16 a ver a obra en proceso Voo, da man
de Ánxela Blanco, na sua experiencia de
#residenciaparaiso #colectivorpm
. Para nós
(Carlota,
Tania, Cris, Chelo e polo) foi unha mañá
máxica
na que achegarse non só
á
danza
senón tamén a un proceso creativo aberto e en marcha, en
construción!
https://anxelablanco.org/
O
próximo
venres xornada final do curso 2017-2018, un curso máxico sen
ningunha dubida, aprendendo moito con todxs vos para construír un
desexado/necesario espazo de paz, espazo de creación onde poda
agromar o mellor de cada unha/un de nós.
Pequena
celebración e repaso do vivido, conscientes do camiño andado e
das moitas corredoiras por andar... seres
en construción... continua construción...
Lembrarvos que aínda temos prazas para o veranearte 2018 , neste mesmo blog tedes mais información sobre os contidos e calquera dubida escribide a polotallerdepolo@gmail.com ou no tlf. 617293024
Ningún comentario:
Publicar un comentario