Despois
de varias voltas e de varios nomes posibles o noso primeiro fanzine
chámase “Pequeno Mundo”, un pequeno mundo creado polo alumnado
máis novo do tallerdepolo. Sentíndome fachendosa dun traballo moi
fermoso , resultado do esforzo de varias persoas ao longo de pouco
mais de tres meses. Investigando sobre o cómic, ideando posibles
historias ,como organizalas e darlles forma,debuxando as historias,
buscando nome para o fanzine, mirando como podería divulgalo cada
participante, que prezo sería o mais axeitado,... ser conscientes do
traballo feito e poñelo en valor.
-podedes mercar o voso Pequeno Mundo en Crispe,Sementa, Mab ou no tallerdepolo-
Unha
aprendizaxe que seguro levarán consigo moito tempo, unha experiencia
que queremos compartir con vós a través deste Pequeno Mundo que
aínda nos dará moitas aprendizaxes.... porque queremos destinar o
recadado coa venta deste fanzine a seguir formándonos, de maneira
lúdica e divertida a través de obradoiros ou experiencias que nos
aporten contidos, vivencias, novos aprendizaxes... si, estamos
buscando mais formación nun formato lúdico que integre persoas de
cinco anos de idade a infinito, estariamos moi contentos de recibir a
túa proposta!!
Este
proxecto se conforma por todo o alumnado do tallerdepolo que fai
posible que sigamos traballando no barrio de Os Castros,
especialmente polo alumnado dos venres e sábados (algunhas/algúns
deles non puideron rematar a súa creación para este primeiro
fanzine pero, sabedes? Teremos moitos outros proxectos por diante...
e espero vervos aí)
Agradecer especialmente a Carlota Ramudo a súa
creatividade, paciencia e implicación neste proxecto e tantos do
tallerdepolo, sen ela estariamos moi aburridos, seguro, e
construiriamos moitas menos historias... gracias Carlota.
E
agradecer tamén as lindas colaboracións para o fanzine dos artistas
Patricia Saavedra e Carlos Botana.
Ademais contamos con outras
colaboracións e axudas de artistas como Pilar Cristobo e Adelino S.
Ageitos e empresas cercanas cómplices das artes , Crispe(marcos y
molduras), Sementa (flores plantas y jardines), Mab(libros, juegos
educativos), Anxela (peluqueria, estética y formación) y Copymar
(centro de impresión), moitas gracias por apoiar o traballo creativo deste fermoso grupo de artistas.
http://patriciasaavedraart.blogspot.com.es/
http://carlosbotana.blogspot.com.es/
http://pilarcristobo.es/
https://www.facebook.com/CrispeDecoracion/
http://www.tiendamab.com/
https://www.facebook.com/Sementa-1200555296624227/
https://www.paxinasgalegas.es/copy-mar-68967em.html
Ningún comentario:
Publicar un comentario