venres, 7 de abril de 2017

pintando La Fete de la Rue Pasteur





O sabado 1 de abril celebrouse La Fete de la Rue Pasteur(a festa da rua Pasteur) no barrio de Saint Ouen, cerca de Paris. Organizada pola asociacion Echanges, coa colaboracion de organismos oficiais e outras asociacions do barrio , leva mais de dez edicions en vinte anos de traballo asociativo e dinamizador do barrio. Como en edicions anteriores colaborou na festa (e no obradoiro interxeracional previo) o chamado Cirque de Galice e ai en medio estaba Polo, entre fermosas persoas que traballan coa danza e o movemento, co corpo e a voz e sobre todo, coas ideas… claro que me sentin un pato en medio de tanto corpo e talento en movemento. Pero un pato moi a gusto vivindo unha experiencia super creativa dende a mellor das intencions, unir, compartir, convivir na alegria e na celebracion… agradecida ao cirque de Galice e a asociacion Echanges( sigcado) polo convite. 

 
Na parte plastica a idea foi ir creando unha obra que recollera o espiritu e a vivenvia desta experiencia e da festa da rue Pasteur… empezamos atopando un taboleiro da rua, logo apareceron papeis enormes de publicidade do metro, que serviron de base a pintura… a pintura foi cedida pola Maison de Quartier, unha verdadeira casa/fogar para o barrio e para nos eses dias… amabilidade, optimismo e xenerosidade sentidas nese espazo de encontro e aprendizaxes, graci;as. O xoves e o venres fun empezando a pintar na rua, acompanhada de persoas curiosas que se uniron a comentar, observar, informarse da festa e actividades e incluso dar algunha pincelada ao cadro. Para ir traballando nel o dia da festa según as sensacions, sons, cheiros, ruidos, imaxes, sentimentos… e asi se foi conformando a imaxe/obra que representa La Fete de la Rue Pasteur do 1 de abril de 2017.

 
A experiencia permitiunos compartir momentos de organización, preparativos, desenhos varios… conforme se achegaba o dia, conhecer dende preto unha asociacion que leva decadas traballando no barrio, un barrio en continua transformacion e tensions propias da confluencia de culturas diversas e duns tempos nos que ainda estamos aprendendo a convivir. Un reto que debemos abordar con humildade e optimismo nun mundo cambiante e dinamico , novo e ainda por construir.

Lost in translation en certos momentos e con caos organizatorio propio de calquer evento dos que levo vividos ata agora, nada que me sorprendera en negativo, e si esperanza cara ao encontro e conhecemento da diversidade dende o respeto.

 
Compartovos algunhas imaxes, das poucas que tomei, xa que tiven lio dabondo …. imaxes de traballo, convivencia, festa… mais as ligazons aos traballos das companheiras do Cirque da Galicie, e asociacions rue pasteur.
Gracias companheiras Anxela, Blanca, Natalie, Vanessa, Davinia e Moncho pola vosa companha e momentos compartidos.


Anxela Blanco 

Blanca Blanco

Moncho Varela e Davinia / Colectivo Toxo


Vanessa Rivas/ Lili Gruyere

Natali Schaevers

Chez Madeleine,  l'association Échanges, Maison de Quartier
 


       
 fotografias de Moncho Varela



















Ningún comentario:

Publicar un comentario