O
último día de xuño inauguramos exposición el Lugo, de novo
“Soñando a arte, experiencias plásticas no tallerdepolo” está
cara ao público enmarcada no proxecto de mecenado artístico APARTE,
proxecto da empresa Apetéceme
Podedes
disfrutar a nosa expo na cafetería Apetéceme, que se atopa no HULA,
Hospital Universitario da cidade de Lugo. Alí mesmo tivo lugar a
inauguración, coincidindo cunha festa de benvida ao verán:contamos
coa música do grupo West Side Bones, moitisimos canapés e pinchos,
moitisima xente traballadora do hospital que se achegaron a celebrar,
un grupo de amigxs do tallerdepolo desplazados para disfrutar da
ocasión, unha obra colaborativa para facer entre as persoas que se
animaran...e sortear unha fermosa acuarela...
Aproveitamos
a saída para coñecer algo máis e mellor a cidade de Lugo, que
agacha (e mostra) moita historia, aprender cousas novas... gracias ao noso
guía Pancho Gallego, que coñece moi ben Galicia, e fixo que a nosa
visita resultara do máis interesante.
En
definitiva, unha emocionante xornada chea de divertimento, nervios,
novas cousas a coñecer, e momentazos a compartir...
si pasades por Lugo visitade a nosa expo!! ou agora tedes unha/outra excusa para pasarvos por esa lindisima cidade ;)
Ningún comentario:
Publicar un comentario