Foi
un pracer ser invitada a participar no “IV Encontro de Centros
para unha convivencia positiva, xestión das emocións”
celebrado en Pontedeume o 28-29 de abril do 2016. A idea é ofrecer
ao alumnado participante no encontro (rapaces e rapazas de 12 a 16
anos) un taller onde poder explorar as súas emocións a través das
artes plásticas. Por que non facelo dende o autorretrato?
Dende a mirada ao noso interior? E máis nesa complexa e intensa
etapa da nosa existencia, onde tantos conflitos afloran... o reto:
que ninguén se bloquee ao explorar a través da linguaxe plástica!
Pode
axudar a introducirnos o visionado de obras ben distintas e intensas
que nos ofrezan un abano de posibilidades, tanto no emocional como na
resolución técnica. Eu elixín obras de Rembrandt, Artemisia
Gentileschi, F. Kahlo, Yasumasa
Morimura, Polo, Bacon,
Gunter Brus, Ana
Mendieta, Catherine Opie e
Giuseppe Penone.
Tratando de facer unha
mestura moi diversa e plural, que permita que todxs nos podamos
identificar con algunha das obras/artistas/conflitos/... e iso
facilite a exploración co lapis, as cores, collage...
pedinlle
as persoas que ían rematando que tomaran unha foto do seu traballo e
ter así este recordo duns rapaces e rapazas do máis especial: todxs
eles mediadores nos seus centros de estudos, personas que procuran unha
convivencia mellor e un futuro distinto... parabéns! E parabéns á
organización do encontro e mestres, e outros profesionais(Atalaia social), implicadxs na mellora do día a
día nos centros educativos, na mellora das vidas dos nosos mozos e
mozas... do futuro.
quedaron moitos traballos sen fotografar, pero esta mostra que aqui vemos penso que fala moito de nós...
http://www.atalaiasocial.es/index.asp
http://www.cabanas.es/es/node/514
Ningún comentario:
Publicar un comentario