xoves, 17 de setembro de 2015

novas tarxetas!!

uns días de viaxe e cambio de escenario producen unha certa renovación; unha mirada ao mundo (propio e alleo) dende outra perspectiva. Unha parada no cotiá para desexar con forza de novo rutina invernal...  

Rutina que estará acompañada de novas tarxetas: feitas de maneira artesanal polos talleres ReciclArte e Manchea!! todo un luxo para dar a coñecer ao tallerdepolo!

Esta beleza feita por ReciclArte reutilizando papeis xa usados; dándolles unha nova vidaCa particularidade de que non saen dúas tarxetas iguais; unha pasada!

e estoutra beleza, estampada no taller Manchea, máis sobria para ocasións especiais... co nome do taller gofrado sobre un fermoso papel de tono crudo, todo moi suaviño...

 



 https://manchea.wordpress.com/
 http://reciclartetallerdepolo.blogspot.com.es/


Empregando medios artesanais, de cercanía, procurando respectar a natureza ao mesmo tempo que disfrutar da amizade; dos bos profesionais e lindas persoas que nos rodean ;)

Ningún comentario:

Publicar un comentario