Esta
semana remataron os Talleres de arte en Crispe, no
barrio de Os Castros. Foron dous meses variados, tanto nas
actividades como no grupo de nenxs que por alí pasaron... iso si; co
denominador común da arte e a creatividade como unha ferramenta de
desenvolvemento persoal para tod@s as
participantes.
Quédanos
o compromiso de repetir e, ante todo, de seguir formándonos e
aprendendo para poder facelo o mellor posible na próxima ocasión. Dende o desexo e a necesidade de construír-crear vidas e sociedades distintas ás que coñecemos; cheas de oportunidades, de igualdade e respecto e moita creatividade para soñar novos mundos... indiscutiblemente mellores ;)
Ningún comentario:
Publicar un comentario