Aquí
vos deixo unhas imaxes do traballo diario desta última tempada no
tallerdepolo, obras diferentes que son unha mostra da variada
inquedanza do alumnado na súas buscas persoais e creativas...
facendo probas con acuarela Marisé e Blanca...
fermosos óleos de Viruka, Ela (reproducción dunha obra impresionista),
Pili e Loly
Iñigo experimenta e modifica cada semana buscando esa imaxe na súa memoria...
Marcia e o retrato... xunto con Carlota traballan a anatomía
Traballos todos fermosos porque son parte dun camiño persoal de busca: ... de necesidade de expresar cas mans; interpretar con cores, liñas... aquelo que chega ás nosas cabezas a través dos sentidos ou que durme na nosa memoria...
Ningún comentario:
Publicar un comentario