Outro
curso vai aló! O xoves 18 de xuño fixemos a nosa celebración de
remate de curso e celebración dun ano máis xuntxs!
Unha
oportunidade para reunirnos todas e comentar as nosas vidas, os
traballos que levamos feito e como nos atopamos... ver como van
medrando xs máis cativos e saber como se atopan xs máis maiores,
saber tamén das persoas que deixaron o taller porque as súas
circunstancias mudaron e agora están a “outras cousas”...
facernos presentes todxs; tamén as e os ausentes que aparecen na
nosa conversa a través dos traballos colgados nas paredes ou no
blogue... e que se botan en falta neste momento para a conversa e o
encontro.
Xogamos,
comemos, conversamos, agasallamos... documentamos o momento con tanta
foto e vídeo como impera nos nosos días ;)) e pasamos unhas horas
boas cheas de enerxía amable e positiva.
As
cualificacións son inmellorables porque son as dun ano máis
avanzando e esforzándonos nas nosas creacións, a pesar das
adversidades ou dos momentos de baixa enerxía:
parabéns
a todxs polo traballo feito este curso!
Ningún comentario:
Publicar un comentario