O traballo diario é ese traballo que parece unha rutina e , as veces parece que non avanza... que non se dan visto os resultados. É un ritmo máis lento, de semana a semana, de capa sobre capa e detalle tras detalle para acadar ese resultado mimado que nos apetecía obter. Sobre todo é o traballo do alumnado que aprende pintura ao óleo (ou alumnas que desenvolven os seus traballos pictóricos persoais no taller) e van ao ritmo imposto polo secado, polo coidado e a paciencia á que nos obriga esta técnica.
Un exemplo son as flores de Gerarda ou as escaleiras de P.Cristobo, un lindo rincón da súa casa familiar.
Un exemplo son as flores de Gerarda ou as escaleiras de P.Cristobo, un lindo rincón da súa casa familiar.
Outro exemplo de traballo pausado e laborioso serían estes collages que teñen un traballo previo de creación e deseño; máis a busca das imaxes axeitadas e logo concretalos a base de tesoiras, pegamento, lapis de cores, rotuladores...
Estes interesantisimos collages están feitos por Pili V. e Marisé, grandes e imaxinativas traballadoras ;)
Ningún comentario:
Publicar un comentario