Pois un día Olga (unha persoa chea de curiosidade e amabilidade, entre outras moitas interesantes características ;) apareceu no taller cun agasallo estupendo, descoñecido ata o momento por min: O Animalario Universal del Profesor Revillod .
Un fermoso libriño que ten un potencial tremendo para empregar en xogos de artes plásticas ... un libriño que nos pode dar ideas en momentos de sequía creativa.
O libro é unha relación de distintos animais ( marabillosamente debuxados) e partidos cada un deles en tres anacos; facendo posible combinar a cabeza do primeiro co tronco do terceiro e o cu do quinto, por exemplo. Ademáis posibilita tamén a creación de novos nomes para os sorprendentes seres combinados; partindo en sílabas mesturables as palabras. E engade unha descripción de hábitat ou costumes que igualmente se reorganiza cando reestructuras os animais... unha beleza.nós fixemos o mesmo con collage e , quen quixera, podía engadir debuxo.
Presentámosvos o fantástico animalario de ángel, candela, diana, lía, marisé, inés, saúl...
Como vedes este animalario é tan libre que non só mestura animais... tamén zapatos, estatua, partes de animais humanos... o que nos encha o ollo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario