Pensei
compartir con vos este agasallo que fixen para o meu sobriño, para
o seu terceiro aniversario. Unha idea sinxela e que resultou moi
divertida para el e para o resto da familia.
Ó
principio pensei: “non lle vai molar e non lle vai facer caso
ningún” pero resultou un
momento divertido e cheo de risas ademais de que recoñeceu as
personaxes, o que foi moi emocionante. E logo estiveron con nos o
resto do día, xogando maiores e pequeno como cativos todxs.
Trátase
de reproducir o teu tipo de familia en bonequiños de papel; eu fixen
as personaxes da nosa particular familia con rotuladores (sen
colorear;para que as coloree se quere máis adiante), como
caricaturas ou formas simplificadas... tamén se podería combinar
con algo de fotografía, se te da medo o debuxo.
Logo
púxenlles uns cartonciños por detrás (fixados con cinta de
carpinteiro) para manipulalos facilmente. E fixemos entre os dous un
escenario simple; con só unha cartolina onde recreamos lugares
elixidos por el... o escenario se pode complicar ata o infinito ...
para min o mellor é que vaia buscando el os lugares onde xogar cos
bonecos.
E máis nada... igual vos sirve esta idea para algún aniversario!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario