cadeiras
xa
hai tempo que precisaba cadeiras pro taller. Parece unha tarefa
sinxela facerse cunhas novas cadeiras ... pero para min non era tan
sinxelo. As cadeiras vellas que, con moito amor, donan amigxs para o
taller moitas veces veñen xa moi usadas e pronto se fan perigosas
e/ou pouco resistentes, así que volvo pronto quedar con carencia
delas.
Outra
posibilidade é achegarse a unha destas coñecidas grandes áreas
comerciais e mercar cadeiras de fermoso deseño e a moi bo prezo...
pero a idea chocaba co convencemento de que é preciso un consumo
responsable, reflexivo, de cercanía... e que si podemos re-utilizar
ou aproveitar o que xa temos, mellor!
Lémbrovos
esta imaxe que presentara á convocatoria de mail art para o proxecto
cárcere; make your own jail. En alusión, entre outras, á
esclavitude á que nos pretende someter un consumo irreflexivo,
superficial e ó fin, moi perigoso para o planeta e para as persoas
que o habitamos e o habitarán ...
Foi así que, un dia paseando preto da rúa Falperra, atopei unha fermosa tendiña, moi xeitosa e coidada, onde coleccionan e reparan cadeiras; unhas fermosas pezas con historia, que son tratadas con moito mimo para que sigan vivas neste mundo; un mundo onde o usar e tirar se fai ata cas mesmas persoas!
Alí foron algunhas cadeiras do taller a ser reparadas; e outras foron adoptadas como novas incorporacións ó equipo plástico e creador para este novo curso ( e espero moitos máis).
Pois este proxecto que move, colecciona, arranxa cadeiras chámase
Alí foron algunhas cadeiras do taller a ser reparadas; e outras foron adoptadas como novas incorporacións ó equipo plástico e creador para este novo curso ( e espero moitos máis).
Pois este proxecto que move, colecciona, arranxa cadeiras chámase
UnDoReDo, e recoméndovolo polo seu coidado e amabilidade tanto das cousas como das persoas...
http://undoredo17.wordpress.com/presentacion/
aqui vos presento as novas amiguiñas!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario