esta proposta feita a alumnas que xa
levan un tempo no taller ofreceume a posibilidade de ver dende fóra
como viven a nosa relación e como se senten elas no taller... a
sinxela proposta é unha banda deseñada (de máximo cinco viñetas
mínimo tres) co tema:“eu e Polo no taller de pintura”
total liberdade para expresar ... e aproveitando para
practicar-repasar debuxo, composición, creatividade... un exercicio
divertido no que se inverten as tornas e a avaliación pode ser de
alumna a mestra.
clara; "ya está"
belén; "magia potagia"
carlota, "ñam ñam"
pablo; dalle volta á cabeza...
Agradecer as visitas que se pasaron
polo taller en distintos momentos do mes de abril... foron varias,
moi lindas e enriquecedoras. Fixeron e fan do tallerdepolo un espazo
máis aberto e dinámico polo que desexo se repitan e multipliquen ;)
e tamén nos ofrecen outras-novas miradas e impresións; pistas
para revisarnos, reflexionar e seguir medrando...
Lia ofreceunos esta barquiña para navegar e descubrir novos horizontes...
Ningún comentario:
Publicar un comentario