En
marzo podar e sachar... se queres logo colleitar
Ás
veces a melancolía nos pode e, aínda que sabemos que temos que
podar e sachar, as forzas chegan escasas e hai que rexelas para
chegar ó remate do día... hai que darlle cabida a todos estes
sentimentos que nos enchen e nos definen; relaxar o ritmo para
ir sachando e podando amodiño...
tamén,
as veces, nos aprema a ansia de facer e de acadar obxectivos; e
pensamos que todo e todas as persoas que nos rodean teñen que
camiñar ó noso ritmo... entón sería bo parar e mirar dende outra
perspectiva...
e
estos distintos sentires aparecen cada semana nas clases: están en min, están
no ambiente, algún día nun-nunha alumnx e outros noutra... e neso
estou aprendendo a recoñecelos e aproveitalos no camiñar...
comparto con vos parte da miña saudade nestas fotos da findesemana e logo veñen algúns traballos feitos recentemente no taller, de persoas con ritmos propios, ós que hai que escoitar atentamente...
máis aqui
https://www.flickr.com/photos/103131093@N02/sets/72157643133715983/
ritmos de lino, victoria, concha e clara ...
Este mes de marzo fixemos dúas sesións de posado con modelo e, se é posible, faremos outras dúas sesións en abril; sábados 12 e 26. Se pensas vir manda recado por se houbera cambios...
e unha recomendación; leva sempre ferramentas de debuxo a man: calquera espazo é bo para poñerse mans á obra!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario