O
sábado 29 de xuño estivemos dende o tallerdepolo acompañando á
plataforma do proxecto cárcere nese fermoso entorno que rodea á
antiga prisión coruñesa.
Inaugurouse
unha interesantísima proposta de arte postal; ca idea CÁRCERE como
nexo conector recibíronse traballos artísticos dende tódalas
partes do mundo! (penso que se poderán ver estes días en distintos
espazos da cidade, reeeecomendable) tamén houbo música, rica comida
e mellor compaña con moita boa xente.
Aí
estivemos Belén, Carlota, Clara, Helena e Polo pasando todo o día,
pintando, comendo, charlando, peiteándonos, apoiando un proxecto importante e necesario, comendo xeados,
pelexando co vento... saúdando a tanta xente amiga que pasou a
vernos e contarnos as súas novas así como a cotillear o que
estabamos a pintar! Foi unha fermosa xornada na que se traballou
moito... pero dun xeito tranquilo e fermoso, tan motivador que nos
fai pensar en repetir experiencia. Así que dende aqui vos envío
unha proposta para saír de novo a pintar ó aire libre, nun lugar
máis discreto para non sentir medo escénico e facilitar unha maior
participación, pero sentir o sol, o aire, os paxaros... mentres
compartimos a experiencia de traballar nos nosos lenzos e
intercambiar ideas, cores, risas, dúbidas... aí queda a proposta!
A buscar datas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario