Con
esta promesa de primaveira destes días tamén chegaron visitas
emotivas e revitalizantes!
Vellas amigas e alumnas que sinten
curiosidade polo taller, polas compañeiras de clase e as novedades
que atoparán,... tamén botan de menos o cheiro a pintura, claro. O
máis agradable é pensar que as persoas se sinten a gusto no taller
e non teñen dúbidas en voltar e curiosear, saúdar e compartir
novos momentos neste espazo.
Ca
promesa da primaveira asoman as flores que son como breves pinceladas
de cor nun mundo, as veces, demasiado gris.
Estas
propostas son das alumnas máis novas para a convocatoria de arte
postal de sabela bañas ; roses in the world... e falta un dos
traballos que parece se perdeu polo camiño pero esas son cousas que
pasan...
feliz primaveira!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario