Neste
tempo de vacacións que acabamos de deixar atrás, no taller non se
impartiron as clases habituais pero iso non quita que non estivera
activo. O tempo de lecer pódese aproveitar para xogar, aprendendo
doutros xeitos , experimentando , compartindo momentos creativos
relaxados e abertos a calquera camiño...
Neste
caso compartimos taller ca amiga Lucía, gran interesada no mundo da
reciclaxe de papel, ca que nos achegamos á “pintura con pulpa de
papel”. Empregando sinxelos modelos como obras de Seoane, probamos
sobre distintos soportes e fixemos mesturas para ir abrindo o apetito
ó mundo da reciclaxe de papel... queda moito por experimentar e para
iso teremos aínda moitos días de lecer e moitas ganas de compartir
bos momentos.
pulpa de papel seca que se pon a remollo con auga |
distintos tipos de papel para as probas |
Ningún comentario:
Publicar un comentario