domingo, 27 de xaneiro de 2013

calquera dúbida contacta tallerdepolo@hotmail.com 


Este mes de xaneiro do 2013 seguimos cas clases habituais de óleo, seguimos facendo debuxo con modelo un par de días á semana pero máis a modo que o ano pasado. 
Como novedade este curso teremos unha tarde ó mes para solucionar problemiñas teóricos, charlar sobre o noso traballo con calma, buscar camiños novos... investigar posibilidades artísticas que ainda non tiveramos en conta; animarnos a facer traballos máis persoais ou novedosos. En definitiva; unha tarde para preguntar e respostar de maneira conxunta... reflexionar e imaxinar camiños, darlle volta ás dúbidas... unha tarde máis teórica que práctica, pero necesaria nalgúns puntos do camiño. Empezaremos en febreiro, se non hai novedade, adicarémoslle a tarde do último venres, preparade dúbidas!

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario